Cris de Caldas

A Conto Delas

A Conto Delas

"A Conto Delas" é unha proposta que cuestiona a división do mundo en "azul e rosa" e rescata os logros de mulleres a miúdo borradas do relato oficial. Unha viaxe pola historia para descubrir as pegadas de figuras extraordinarias.

Desde Hipatia ata Rosa Parks, pasando por Ada Lovelace, María Pita, Isabel Zendal, Rosalía de Castro ou Emilia Pardo Bazán. Cun fío condutor inspirado en Agatha Christie, resolveremos o "misterio" do seu esquecemento.

Un espectáculo de narración oral que reivindica a igualdade, a visibilidade e o recoñecemento das mulleres que, co seu talento e valentía, cambiaron o curso da historia.

Público Infantil (+4) e Familiar
Duración 50 minutos (aprox)
Técnica Narración oral
Categoría valores / biografía de mulleres
Ver todo o catálogo