Contos da Tribo é un proxecto que mestura espectáculo e formación, inspirado no proverbio africano: “Fai falta toda unha tribo para educar un neno”. A palabra contada convértese nunha ferramenta de comunidade, conectando oralidade e literatura.
Crianzas e persoas adultas convértense nunha tribo lectora, explorando historias e libros, abrindo conversacións e compartindo experiencias, sempre acompañados de música en directo. A sesión inclúe unha exposición de títulos variados —clásicos, contemporáneos, álbums ilustrados e libros divulgativos— creando un espazo de encontro, curiosidade e afecto arredor da lectura. Por suposto, non podía faltar o conto contado: xa se sabe, conto divulgado, conto sementado.
Unha experiencia viva e participativa, da que se sae con moito conto enriba.