Cris de Caldas

Contos Para Entendernos Mellor

Contos para entendernos mellor Poster

Calipso imparte clases no Colexio Dastres Di, “di” de diferente, diversa e divertida. Alí apréndese dunha forma especial: con animais únicos e xeniais, xogando coa xeometría e correndo carreiras onde cada quen avanza ao seu ritmo… mesmo con peneiras!

Este espectáculo é tamén unha proposta para afondar en nós mesmos e para achegarnos ás persoas do noso carón, respectando as diferenzas que nos fan tan diversos, pero tamén tan semellantes. O mundo será máis amable cando sexamos capaces de entender e respectar as diferenzas, tanto as nosas como as das persoas que nos rodean. Son esas diferenzas as que nos fan únicos e únicas, e precisamente por iso necesitamos contos para entender(nos) mellor.

Público Infantil (+3) e Familiar
Duración 50 minutos (aprox)
Técnica Narración oral
Categoría Inclusión / Diversidade
Ver todo o catálogo