Cris de Caldas

De Ida e Volta

De Ida e Volta Poster

De Ida e volta naceu para non esquecer vidas como a de Dolores, que levaba a morriña materialmente pegada nas saias, a modo de esperanza, ou a de José, que fuxía dunha guerra que non ía con el. Vidas que só parecen lonxanas para quen non ten memoria nin empatía, porque este espectáculo de narración oral tamén vai de evitar o esquecemento que nos condena a unha grave falta de humanidade.

Así, con contos e historias de vida, música e cancións en directo, imos construíndo un carrusel de emocións que non deixará a ninguén indiferente. Seguiremos os soños de quen só desexa unha vida máis digna, porque soñar, soamos sempre, onte e hoxe. Coñecendo o noso pasado, melloraremos o noso presente e o noso futuro.

Neste espectáculo, Cris xúntase coa artista cubana Amor Herrera. As dúas son, por (obvias) razóns de cor de pel, en branca e negra.

Público Adulto (+14)
Duración 70 minutos
Técnica Narración oral con música e voz en directo
Categoría Migración / Mulleres migrantes / Historia / Racismo
Ver todo o catálogo