Cris de Caldas

Dona Emilia e a Señora Carme

Dona Emilia e a Señora Carme Poster

Nas noites de inverno e nas tardes de verán, Carmela repartía o seu tempo entre novelas do oeste, revistas do corazón, o rosario e as agullas. Pero se había algo que a facía feliz era cociñar, sempre en exceso, talvez pola fame pasada, por iso a súa neta axudáballe nos fogóns.

Mentres cocinaban Carmela contáballe historias doutras vidas para entretela e para ensinarlle. Desexallaba que a súa neta non tivera que pasar as penalidades que ela sufrira e ben sabía que un conto podía axudarlle niso.

A neta escoitaba, preguntaba e cando Carmela calaba, devolvíalle os contos, porque cun conto sempre se chama por outro. Así foi como a Carmela, sendo xa a Señora Carme, soubo dunha condesa que escribira sobre o seu propio mundo. E as dúas, neta e avoa, descubriron a conexión entre Caldas de Reis e a familia de Emilia Pardo Bazán.

Público Adulto (+14 anos)
Duración 60 minutos
Técnica Narración oral e teatro
Categoría Violencia de xénero. Pardo Bazán. Literatura.
Ver todo o catálogo