Comezamos abrindo o apetito coa sorpresa: adiviñas e formigas que camiñan da man, e roliños de poesía bañados nunha salsa agridoce da alegría, para saborear as palabras pouco a pouco.
De segundo, deixámonos levar pola fantasía: un revolto de conto tradicional cunha bruxa descomunal, un conto de medo, para telo, vencelo ou espantalo, ou, un conto diversamente necesario, contado a baixa temperatura.
E, como toda boa historia, rematamos cun doce: lingua de gato maragato, ou unha chocolatada pop-up, porque ás veces o mellor final é aquel que aparece cando menos o esperas.
Bo proveito.
E que nunca falte a imaxinación na mesa.