Cris de Caldas
Miguel Froján

Pan de broa

Pan de broa

"Pan de broa" é un espectáculo-obradoiro de contacontos musical inspirado na tradición oral. Nace das lembranzas, ditos, cancións e poemas compartidos polas familias ao longo de dez anos de encontros coa primeira infancia. O espectáculo recupera e reúne cantos e contos especialmente axeitados para peques e familias, presentándoos como pequenos petiscos divertidos e poéticos que alimentan a memoria, a tradición e a imaxinación. Petiscos que prestan como o mellor dos alimentos.

"Pan de broa" é unha sesión de narración oral, con obxectos e moita música en directo para familias con crianzas, onde recordamos que tanto os contos como o pan alimentan por igual.

Tradición oral e rock'n'roll para cantar en familia.

"Eu quero pan,
pa-ra-pa-pán

Eu quero pan de broa
pa-ra-pa-pán"
Público Bebés (0-5 anos) e familias
Duración 35 minutos
Técnica Narración oral con obxectos, música e voz en directo
Categorí­a contos / cantigas / tradición / música
Ver todo o catálogo