Cris de Caldas

Quen ten cu, ten medo

Quen ten cu, ten medo Poster

Quen ten cu, ten medo, di o refrán, e razón non lle falta. Os medos, igual ca os cus, son todos diferentes: pequenos, grandes, brandos ou duros. Incluso hai algún que son herdados.

Compartilos é a mellor maneira de miralos de fronte e, pouco a pouco, de botalos fóra.

Levo nun saquiño de contos medos variados: bruxas famentas de nenos, pantasmas con ansias de vinganza, ruídos sospeitosos, sombras que se moven soas e mesmo unha carta certificada (iso dá moito medo, non si?).

Pero non te preocupes: seremos quen de rirnos deles, dámoslles nome e facémolos máis pequenos.

Anímaste a abrilo comigo? Compartiremos medos, historias e moitas risas.

Público Infantil (+4) e Familiar
Duración 45 minutos (aprox)
Técnica Narración oral
Categoría Medo / Humor
Ver todo o catálogo