A Arte da Narración
Espectáculos de narración oral que transforman historias en experiencias únicas, aderezadas con petiscos de teatro, humor e emoción.
Cada palabra é unha ponte, cada historia unha viaxe
Medrei pegada ás saias da mií±a avoa Carmela, quen sempre tií±a un conto na boca, e así aprendín, desde moi cedo, que hai un conto para cada ocasión. Tras acadar os estudos de Filoloxía Hispánica, fun especializándome en literatura infantil e animación á lectura. Unha cousa levou a outra, e rematei preparándome para ser bibliotecaria, profesión que desenvolvín tanto no ámbito escolar como no municipal. Tamén recibín formación en narración oral, escrita creativa, técnicas teatrais e clown. Desde o 2015 son unha contadora-bibliotecaria ou bibliotecaria-contadora, dependiendo do proxecto no que ande metida. A narración oral está presente sempre, pero en ocasións, xogo con outros elementos buscando a sorpresa e a sonrisa.
Ao longo de máis dunha década na narración oral, pasei por bibliotecas, colexios, rúas, auditorios, campos da festa, campamentos, ximnasios e teatros.
A todo isto, tamén pertenzo á NOGA, a asociación de Narración Oral Galega, desde o seu xerme.
Como mediadora e formadora participei en distintas edicións do Salón do Libro (2018, 2020 e 2023) e tamén impartín docencia no CIOV, Centro Interpretación da Oralidade de Vigo. (2022, 2025 e 2026) Como contadora estiven en grandes festivais galegos como Atlántica, A Boca Chea, De Perto, NarraSarria, Núbebes ou os Sete Falares. E tamén en Salamanca, no festival Contando Cuentos. E noutros eventos tan importantes como o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, onde acudín en varias edicións.
Para contratacións, información sobre espectáculos ou calquera consulta, contáctanos. Estaremos encantados de atenderte.
A distribución dos espectáculos corre a cargo de Urdime
Fiestas, auditorios, festivales y campañas del 8M, Letras Galegas, Día del Libro, Samaín y Nadal. Dossier y factura para contratación pública.
Animación a la lectura y espectáculos por edades, de bebés (0-3) a primaria. En gallego o castellano, adaptados a cada centro.
Dinamización lectora, Bebeteca, sesiones familiares y narración oral para adultos en bibliotecas, teatros y centros culturales.
Actúo en Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Vigo, Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense, Lugo y toda Galicia.